Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Venres, 18 de maio de 2018 Páx. 24774

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

EXTRACTO da Resolución do 3 de maio de 2018 pola que se convoca a novena edición dos premios Agader ás iniciativas de desenvolvemento rural.

BDNS (Identif.): 397744.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Obxecto

Fomentar actuacións que animen a participación pública e privada no proceso de desenvolvemento rural mediante a concesión de premios a iniciativas de desenvolvemento rural.

Segundo. Beneficiarios

Persoas físicas ou xurídicas de natureza privada.

Terceiro. Bases reguladoras

Resolución do 3 de maio de 2018 pola que se convoca a novena edición dos premios Agader ás iniciativas de desenvolvemento rural.

Cuarto. Contía

A contía global da convocatoria é de 80.000 €.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo para presentar as solicitudes será dun (1) mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da resolución da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

Sexto. Outros datos

Este procedemento tramítase en réxime de concorrencia competitiva.

Santiago de Compostela, 3 de maio de 2018

Miguel Ángel Pérez Dubois
Director xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural