Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Luns, 21 de maio de 2018 Páx. 25060

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 14 de maio de 2018, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se fan públicas as puntuacións provisionais da fase de concurso do proceso selectivo para o ingreso nas categorías de médico/a asistencial do 061, médico/a coordinador/a do 061 e médico/a de urxencias hospitalarias, convocado mediante a Resolución do 22 de decembro de 2016.

A base oitava da Resolución do 22 de decembro de 2016, da Dirección Xeral de Recursos Humanos (DOG núm 7, do 11 de xaneiro de 2017), pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso nas categorías de médico/a asistencial do 061, médico/a coordinador/a do 061 e médico/a de urxencias hospitalarias do Servizo Galego de Saúde, dispón que, realizada polo tribunal a baremación dos méritos achegados polos/as aspirantes, a Dirección Xeral de Recursos Humanos publicará, no Diario Oficial de Galicia, o anuncio da súa exposición con indicación da puntuación provisional obtida por cada aspirante nas distintas epígrafes, así como a valoración total da fase de concurso.

De conformidade coa dita base, esta dirección xeral, como órgano convocante do proceso,

RESOLVE:

Primeiro. Publicar na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es) as puntuacións provisionais da fase de concurso obtidas polas persoas aspirantes que superaron a fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso nas categorías de médico/a asistencial do 061, médico/a coordinador/a do 061 e médico/a de urxencias hospitalarias, convocado mediante a Resolución do 22 de decembro de 2016.

Cada aspirante poderá consultar, ademais, o detalle da puntuación obtida nas distintas epígrafes do baremo, no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.

Segundo. De conformidade coa base oitava da Resolución do 22 de decembro de 2016, contra os resultados da baremación provisional os/as aspirantes poderán presentar reclamación, ante o tribunal de selección, no prazo de dez (10) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A reclamación deberase presentar nun rexistro administrativo ou a través de calquera dos procedementos previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e deberase dirixir á sede do tribunal para os efectos de comunicacións, situada na Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde; Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela.

A estimación ou desestimación das reclamacións presentadas entenderase implícita na resolución pola cal se aproben as puntuacións definitivas da fase de concurso, que se publicará no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de maio de 2018

Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos