Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Luns, 21 de maio de 2018 Páx. 24989

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

EXTRACTO da Orde do 9 de maio de 2018 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2018/19.

BDNS (Identif.): 398882.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións
(http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index):

Primeiro. Beneficiarias

Aquelas familias con alumnado matriculado en centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia sostidos con fondos públicos nas modalidades de gratuidade solidaria que se relacionan a seguir:

Fondo solidario de libros de texto do alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de EP, e en 1º, 2º, 3º e 4º de ESO.

Axudas para adquirir libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º e 2º de EP, e en EE, así como as axudas que pode recibir o alumnado incluído na disposición adicional primeira da orde.

Axudas para material escolar destinadas ao alumnado matriculado en EP, ESO e EE.

Segundo. Obxecto

As distintas modalidades de axudas teñen como obxecto apoiar as familias con menos ingresos para dispoñer dos libros de texto e material escolar.

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 9 de maio de 2018 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2018/19.

Cuarto. Importe

Fondo solidario de libros de texto: 130.000 alumnos beneficiarios, cunha dotación total de 2.300.000,00 euros para o ano 2018 e de 300.000,00 euros para o ano 2019.

Axudas libros de texto: 33.024 alumnos beneficiarios, cunha dotación total de 4.200.000,00 euros para o ano 2018 e de 400.000,00 euros para o ano 2019. Esta actuación está cofinanciada polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.

Material escolar: 100.000 alumnos beneficiarios, cunha dotación total de 5.000.000,00 de euros para o ano 2018 e de 400.000,00 euros para o ano 2019.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

Iniciarase o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 22 de xuño de 2018. O alumnado que se incorpore ao centro docente fóra deste prazo disporá dun mes contado a partir do día seguinte ao da formalización da matrícula. Non se poderán presentar solicitudes despois do 31 de marzo de 2019.

Santiago de Compostela, 9 de maio de 2018

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria