Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Martes, 22 de maio de 2018 Páx. 25171

III. Outras disposicións

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

DECRETO 50/2018, do 3 de maio, polo que se aproba o cambio de titularidade de todo o dominio público do resto da estrada PO-841 (Santiago de Compostela (SC-11)-límite provincia-A Estrada) situado na marxe esquerda entre o punto quilométrico 19+760 e o punto quilométrico 19+860, a prol do Concello da Estrada.

Segundo o teor do previsto no artigo 9.4 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, os cambios de titularidade das estradas ou treitos delas, cando non se trate de travesías urbanas ou treitos incluídos no inventario de travesías da súa Administración titular, deberán ser aprobados por decreto da Xunta de Galicia, por proposta da consellería competente en materia de estradas e logo do acordo entre as administracións afectadas.

Por outra parte, a citada Lei de estradas dispón no artigo 9.7 que os cambios de titularidade poderán abranguer estradas, treitos delas, elementos funcionais e/ou espazos da zona de dominio público adxacente.

O Concello da Estrada solicitou a transferencia dun resto da PO-841 situado entre os p.q. 19+760 ao 19+860 na marxe esquerda da actual PO-841 (Santiago de Compostela (SC-11)-límite provincia-A Estrada). O motivo da solicitude está na liña continua da PO-841 que impide xirar á esquerda aos vehículos procedentes da Estrada que circulan con sentido cara a Santiago de Compostela. Deste xeito, os vehículos que se dirixen ao tanatorio situado no p.q. 20+120 ou ás instalacións deportivas e de lecer (desvío no p.q. 19+890) os cales se atopan na marxe dereita da actual PO-841, empregan este resto de estrada solicitado para cambiar de sentido, co resultado de que o aumento de tráfico neste resto está a provocar a súa deterioración.

A Axencia Galega de Infraestruturas, de acordo co informe emitido polos servizos competentes, formulou a proposta favorable á transferencia de titularidade de todo o dominio público correspondente ao treito do resto da estrada PO-841, situado na súa marxe esquerda entre o p.q. 19+760 e o p.q. 19+860, a prol do Concello da Estrada.

De conformidade co anteriormente exposto, por proposta da conselleira de Infraestruturas e Vivenda, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día tres de maio de dous mil dezaoito,

DISPOÑO:

Artigo 1

Apróbase o cambio de titularidade a prol do Concello da Estrada de:

– Todo o dominio público do resto da estrada PO-841, situado na súa marxe esquerda entre o p.q. 19+760 e o p.q. 19+860.

Artigo 2

En aplicación dos números 4 e 6 do artigo 10 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, o Concello da Estrada deberá modificar o seu catálogo de estradas para incluír o cambio de titularidade a que se refire o presente decreto.

Artigo 3

De acordo co establecido no artigo 9.6 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, o cambio de titularidade será efectivo o día seguinte ao da publicación deste decreto no Diario Oficial de Galicia. A entrega dos bens formalizarase no prazo dos dous meses seguintes a esta publicación mediante a sinatura da correspondente acta de entrega.

Artigo 4

Corresponderán ao Concello da Estrada, a partir da formalización da entrega, todas as actividades de xestión, mantemento, conservación e explotación das vías, así como o exercicio das funcións de disciplina viaria e calquera outra que puider corresponderlle como nova Administración titular das estradas.

Disposición derradeira

O presente decreto producirá efectos desde o día seguinte á súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, tres de maio de dous mil dezaoito

O presidente
P.S. (Decreto 9/2018)
Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

Ethel MaríaVázquez Mourelle
Conselleira de Infraestruturas e Vivenda