Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Mércores, 23 de maio de 2018 Páx. 25639

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 7 de maio de 2018, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se fai pública a declaración de impacto ambiental relativa ao proxecto do Centro de Xestión Ambiental de Lousame, concello de Lousame (clave 2015/0195).

De conformidade coa Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, artigo 41, número 3, faise pública a declaración de impacto ambiental do 4 de maio de 2018, relativa ao proxecto do Centro de Xestión Ambiental de Lousame, concello de Lousame, promovido pola empresa Gestora de Residuos del Noroeste, S.L.

Esta declaración pódese consultar na seguinte ligazón:

http://www.cmaot.xunta.es/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos

E nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).

Santiago de Compostela, 7 de maio de 2018

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático