Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Mércores, 23 de maio de 2018 Páx. 25563

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 27 de novembro de 2017, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se lles dá publicidade ás festas laborais de carácter local para o ano 2018, correspondentes aos concellos das catro provincias da Comunidade Autónoma de Galicia.

Advertido erro na devandita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 232, do 7 de decembro de 2017, cómpre facer a seguinte corrección:

No anexo III provincia de Ourense, na páxina 55539, onde di: «70. San Amaro: 13 de febreiro, Martes de Entroido; 15 de xullo», debe dicir: «70. San Amaro: 13 de febreiro, Martes de Entroido; 16 de xullo».