Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Xoves, 24 de maio de 2018 Páx. 25849

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de decreto (ETX 18/2018).

ETX execución de títulos xudiciais 18/2018

Procedemento orixe: procedemento ordinario 910/2014

Sobre ordinario

Demandante: María Victoria Fernández Treus

Avogada: María José Liste López

Demandados: Servanza, S.L. e Fondo de Garantía Salarial

Avogao/a: letrado de Fogasa

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais número 18/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Mª Victoria Fernández Treus, contra a empresa Servanza, S.L., sobre reclamación de cantidade, foi ditado decreto no 2 de maio de 2018, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Parte dispositiva.

Acordo:

a) Declarar o executado Servanza, S.L. en situación de insolvencia total polo importe de 2.905,21 euros en concepto de principal, máis 1.035,62 euros en concepto de xuros de demora, máis 394,08 euros que provisoriamente se orzamentan para xuros, gastos e custas, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisoria.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución se a partir deste momento se coñeceren novos bens do executado.

c) Proceder á súa inscrición no rexistro correspondente.

d) Levar o orixinal ao libro de decretos, deixando testemuño nas presentes actuacións.

Notifíquese ás partes e a Servanza, S.L., por medio de edictos no DOG, facéndolles saber que, en aplicación do mandado contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se for o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles tentadas sen efecto serán válidas en canto non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou semellantes, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que se deberá interpor ante o presente órgano xudicial no prazo de tres días hábiles. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións deste Xulgado do Social número 3 aberta no Banco Santander, conta nº 5076 0000 64 0018 18. Se o ingreso se fixer mediante transferencia bancaria, deberase ingresar na conta número 000493569920005001274 e no campo “concepto” deberase indicar o número de conta “5076 0000 64 0018 18”. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

A letrada da Administración de xustiza».

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial.

E para que sirva de notificación a Servanza, S.L., expido este edicto.

Santiago de Compostela, 2 de maio de 2018

A letrada da Administración de xustiza