Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Xoves, 24 de maio de 2018 Páx. 25862

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 18 de abril de 2018, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica o escrito de trámite de audiencia dun expediente sancionador por infracción na orde social 39392636F/06/04/2018/2.1.E e un máis.

Intentada a notificación dos escritos de trámite de audiencia aos interesados, ditados polo xefe territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Ourense, polos que se acorda o inicio dos expedientes sancionadores arriba referenciados, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, efectúase a notificación mediante anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE) e a súa eficacia quedará condicionada á publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Así mesmo, fáiselles saber que o dito escrito de trámite de audiencia non pon fin á vía administrativa e que contra el cabe formular escrito de alegacións, ante esta xefatura territorial, dentro do prazo dos quince (15) días hábiles seguintes ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficinal del Estado (BOE), conforme o previsto no artigo 37.3 do Real decreto 928/1998, do 14 de maio, regulador dos procedementos para a imposición de sancións por infraccións da orde social e para os expedientes liquidatorios de cotas da Seguridade Social.

Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

Os interesados, durante este prazo, poderanse presentar ante a Oficina de Emprego Ourense Centro, situada na rúa Progreso, 11, baixo, Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñeceren integramente o contido do escrito de trámite de audiencia ditado polo xefe territorial.

Advírteselles aos interesados que, de non formularen alegacións en tempo e forma, a proposta de inicio do expediente sancionador adquirirá firmeza.

Ourense, 18 de abril de 2018

Santiago Álvarez González
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Expediente: 39392636F/06/04/2018/2.1.E.

Nome: Nelson Augusto Carballo Fernandes.

Concello: Ourense.

Precepto infrinxido: non manter a inscrición como demandante de emprego.

Contido do escrito de trámite de audiencia: inicio do procedemento sancionador coa proposta de perda dun mes do dereito á prestación ou subsidio recoñecido.

Expediente: 44480514D/10/04/2018/2.1.E.

Nombre: Óscar Otero Fernández.

Concello: Ourense.

Precepto infrinxido: non manter a inscrición como demandante de emprego.

Contido do escrito de trámite de audiencia: inicio do procedemento sancionador coa proposta de perda dun mes do dereito á prestación ou subsidio recoñecido.