Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Xoves, 24 de maio de 2018 Páx. 25868

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 8 de maio de 2018, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica un trámite de audiencia como consecuencia dunha solicitude de caducidade da concesión de ocupación no monte San Roque e Roláns da Comunidade de Montes Veciñais de Santa María de Fóra, concello de Baiona.

De conformidade co disposto nos artigos 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación persoal e ao non ser posible a súa práctica, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica e constancia de tal coñecemento, o interesado poderá comparecer no prazo de dez días (10) hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas oficinas do Servizo de Montes, na segunda planta do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Pontevedra, avenida de María Victoria Moreno, 43, 36003 Pontevedra, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas.

Transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da data da súa finalización.

Pontevedra, 8 de maio de 2018

Antonio Crespo Iglesias
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Denominación: caducidade da concesión de ocupación no monte San Roque e Roláns da Comunidade de Montes Veciñais de Santa María de Fóra, concello de Baiona.

Acto que se notifica: trámite de audiencia.

Nome

Domicilio fiscal

Código postal

Concello

Hotel Rompeolas

Avda. Joselín, 8

36300

Baiona