De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase á persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio o requirimento para facerse cargo dun ben incautado.
A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para presentar o recurso se computará desde esa publicación.
A persoa interesada dispón dun prazo de seis meses contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio para facerse cargo do ben incautado.
O expediente relacionado no anexo atópase á disposición do interesado nas oficinas da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Concepción Arenal, 8, 4º andar, Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Vigo, 8 de maio de 2018
Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo
ANEXO
Nº de expediente |
Interesado/a |
DNI/NIF/NIE |
Acto que se notifica |
Enderezo |
PSC-PO-1026/2015-PRE |
Marcel Cristian Cracau |
Y0093696P |
Requirimento para facerse cargo dun ben incautado |
Travesía de Vigo, 205, 3º andar, 70, Vigo |