O plan de estudos da titulación de máster universitario en Literatura, Cultura e Diversidade pola Universidade da Coruña foi publicado por Resolución do 30 de maio de 2012 no Boletín Oficial del Estado, BOE do 20 de xuño, unha vez establecido o carácter oficial do título por Acordo do Consello de Ministros do 24 de febreiro de 2012 (publicado no BOE do 26 de marzo por Resolución da Secretaría Xeral de Universidades do 5 de marzo de 2012).
A Universidade da Coruña presentou unha solicitude de modificación do plan de estudos do dito máster que obtivo o informe favorable da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG).
O Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, polo que se estableceu a ordenación das ensinanzas universitarias oficiais, modificado polo Real decreto 861/2010, do 2 de xullo, dispón no artigo 28 o procedemento para a modificación de plans de estudo conducentes á obtención de títulos xa verificados.
Polo exposto,
RESOLVO:
Publicar o plan de estudos conducente á obtención do título de máster universitario en Literatura, Cultura e Diversidade pola Universidade da Coruña coas modificacións aprobadas, que se estrutura segundo consta no anexo e con efectos desde o curso académico 2016/17.
A Coruña, 30 de abril de 2018
Julio E. Abalde Alonso
Reitor da Universidade da Coruña
ANEXO
Plan de estudos conducente á obtención do título de máster universitario
en Literatura, Cultura e Diversidade pola Universidade da Coruña
Plan de estudos que se inicia no curso 2016/17 por modificación do anterior.
Código RUCT: 4312816.
Estrutura das ensinanzas (Real decreto 1393/2007, anexo I, número 5.1).
1. Rama de coñecemento a que se adscribe o título: Artes e Humanidades.
2. Distribución do plan de estudos en créditos ECTS, por tipo de materia:
Tipo de materia |
Créditos ECTS |
Obrigatorias (OB)……..….……………...……… |
27 |
Optativas (OP)…..……….……………………… |
21 |
Traballo fin de máster (TFM)………..…....…… |
12 |
Total………………………………………………. |
60 |
3. Especialidades do título:
– Español.
Para obter esta especialidade cómpre elixir o módulo optativo Literatura e Cultura no Ámbito Hispánico.
– Galego-Portugués.
Para obter esta especialidade cómpre elixir o módulo optativo Literatura e Cultura no Ámbito Galego-Portugués.
4. Contido do plan de estudos.
Módulo |
Materia |
Carácter |
Créditos ECTS |
Teoría e Crítica nos Estudos Literarios e Culturais |
Teoría e Crítica nos Estudos Literarios |
OB |
3 |
Novos Enfoques nos Estudos Literarios e Culturais |
OB |
3 |
|
Literatura, Cultura e Sociedade |
OB |
3 |
|
Tecnoloxías e Métodos para os Estudos Literarios e Culturais |
Métodos e Técnicas para a Elaboración e Presentación de Traballos de Investigación |
OB |
3 |
Estudos do Libro e Edición |
OB |
3 |
|
Recursos para a Investigación da Literatura |
OB |
3 |
|
Literatura, Cultura e Arte |
Literatura e Espectáculo |
OB |
3 |
Literatura e Arte |
OB |
3 |
|
Literatura e Medios de Comunicación |
OB |
3 |
|
Literatura e Cultura no Ámbito Hispánico |
Tradicións Literarias e Culturais |
OP |
3 |
Literatura e Xénero (Ámbito Hispánico) |
OP |
3 |
|
A Literatura e o seu Contorno Sociocultural |
OP |
3 |
|
A Recepción da Literatura |
OP |
3 |
|
Literatura e outras Linguaxes Artísticas |
OP |
3 |
|
Vangardas e Literatura |
OP |
3 |
|
Tendencias da Literatura Actual |
OP |
3 |
|
Literatura e Cultura no Ámbito Galego-Portugués |
Actualizacións das Tradicións Literarias e Culturais |
OP |
3 |
Literatura e Xénero (Ámbito Galego-Portugués) |
OP |
3 |
|
Literatura, Memoria e Historia |
OP |
3 |
|
Relacións Literarias e Culturais no Espazo Lingüístico Galego-Portugués |
OP |
3 |
|
Literatura, Cultura e Identidade |
OP |
3 |
|
Relacións Interartes |
OP |
3 |
|
Discursos Críticos e Procesos de Canonización |
OP |
3 |
|
Traballo fin de máster |
Traballo fin de máster |
TFM |
12 |
A unidade temporal de todas as materias é cuadrimestral.
5. Condicións de terminación.
O alumnado deberá optar por unha das especialidades indicadas no punto 3 e superar 60 créditos ECTS, distribuídos como se indica no punto 2, para obter o título de máster universitario en Literatura, Cultura e Diversidade.