Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Venres, 25 de maio de 2018 Páx. 25950

III. Outras disposicións

Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde

RESOLUCIÓN do 15 de maio de 2018 pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no primeiro cuadrimestre de 2018.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para darlle cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Dar publicidade á relación de convenios subscritos pola Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2018, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 15 de maio de 2018

Beatriz Allegue Requeijo
Xerente da Axencia Galega para a Xestión
do Coñecemento en Saúde

ANEXO

Convenio

Importe económico

Data da sinatura

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde, a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde (ACIS) e a Fundación Ramón Domínguez, para a xestión do proxecto de investigación Personalised risk assessment in febrile illness to optimise real-file management across The European Union (perform).

Sen achega económica

14.2.2018