Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Venres, 25 de maio de 2018 Páx. 26028

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Mezquita

ANUNCIO polo que se fai público o acordo de disolución do consorcio Conso-Frieiras.

O órgano reitor do Consorcio Conso-Frieiras, na súa reunión do día 24 de xaneiro de 2018, acordou:

1º. A disolución do Consorcio Conso-Frieiras, con base no seguinte:

Segundo o artigo 22 dos estatutos, o Consorcio disolverase de acordo co establecido na lexislación aplicable e, entre outros casos, 22.1.b) Por terse realizado o fin para o cal se constituíu; 22.1.c) Cando os entes consorciados o consideren conveniente, e o artigo 22.2), que fai referencia ao prazo de duración, indica que este se disolverá transcorrido un ano sen ter ningún funcionamento operativo.

Dado que este Consorcio non ten operatividade ningunha desde hai máis de dez anos, procede a súa disolución, polo que así o acordaron os respectivos concellos e foi ratificado polo seu órgano reitor.

2º. En relación co patrimonio existente e coas débedas que figuran na súa conta corrente, que ambas se repartan proporcionalmente entre os tres membros do Consorcio.

O que se fai público de acordo co disposto na lexislación estatal básica e nos artigos 144 e 151 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, reguladora da Administración local de Galicia.

A Mezquita, 25 de abril de 2018

Rafael Pérez Vázquez
Alcalde e presdiente do Consorcio Conso-Frieiras