Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Martes, 29 de maio de 2018 Páx. 26398

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 22 de maio de 2018, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de axudantes de carácter facultativo da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala de axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia, pola que se lle dá publicidade a diversos acordos referentes ao cuarto exercicio do proceso selectivo.

En sesión que tivo lugar o día 22 de maio de 2018, o tribunal nomeado pola Orde do 22 de maio de 2017 (DOG núm. 100, do 29 de maio) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala de axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia, convocado pola Orde do 2 de decembro de 2016 (DOG núm. 246, do 27 de decembro),

ACORDOU:

Primeiro. Que de conformidade co establecido na base II.1.1.4 da orde da convocatoria, Luis Antonio Gómez Capellín, con DNI 11073736H superou o cuarto exercicio e obtivo a cualificación de apto.

Segundo. Publicar o resultado obtido polo aspirante que se presentou ao cuarto exercicio do proceso selectivo de acordo co disposto na base II.1.2.8.

Terceiro. De acordo co disposto na base II.1.2.8 da convocatoria, o aspirante poderá presentar as alegacións que considere oportunas con relación á cualificación obtida no cuarto exercicio no prazo de 10 días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. De acordo co disposto na base III.13 da convocatoria, contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro competente en materia de función pública nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 22 de maio de 2018

Alejandro Blanco García
Presidente do tribunal