Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Martes, 29 de maio de 2018 Páx. 26424

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (602/2015).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 602/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Verónica Paz Abad contra Centro Integral de Belleza Carmen, S.C., con intervención do Fogasa sobre ordinario, se ditou sentenza o 15 de febreiro de 2018 cuxo encabezamento e decisión é do teor literal seguinte:

«Sentencia 121/2018.

Xuíz: Javier López Cotelo

Procedemento: reclamación de cantidade 602/2015

Demandante: Verónica Paz Abad

Letrada: Sra. Morelo Bermúdez

Demandada: Centro Integral de Belleza Carmen, S.C.

A Coruña, 15 de febreiro de 2018

Decido:

Estimo parcialmente a demanda formulada por Verónica Paz Abad fronte a Centro Integral de Belleza Carmen, S.C. e, en consecuencia, condeno esta a aboar á primeira a suma de 920 euros en concepto de salarios percibidos e non satisfeitos, así como o xuro do artigo 29.3 do ET.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas deixando testemuño desta no presente procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes advertíndolles que contra ela non cabe recurso ningún.

Así o pronuncio, mando e asino».

E para que sirva de notificación en legal forma a Centro Integral de Belleza Carmen, S.C., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no DOG.

Advírtese a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 2 de maio de 2018

A letrada da Administración de xustiza