Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Martes, 29 de maio de 2018 Páx. 26447

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 14 de maio de 2018 pola que se fai pública a formalización dos contratos das obras, por lotes, de substitución de carpintarías (lote 1) e de renovación de cuberta (lote 2) do Centro de Formación Profesional Ocupacional de Lugo (expediente 2017_013_SXT_OPL).

En cumprimento do artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización dos contratos que se relacionan a continuación:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Economía, Emprego e Industria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica-Servizo de Proxectos e Obras.

c) Número de expediente: 2017_013_SXT_OPL.

d) Enderezo na internet do perfil do contratante: http://www.xunta.gal/ceei/perfil-do-contratante

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: obras.

b) Descrición: obras, por lotes, de substitución de carpintarías (lote 1) e de renovación de cuberta (lote 2) do Centro de Formación Profesional Ocupacional de Lugo.

c) División por lotes e número de lotes: si, dous (2).

Lotes:

Lote 1: substitución de carpintarías.

Lote 2: renovación de cuberta.

d) Admisión de prórroga: non.

e) Establecemento dun acordo marco: non.

f) Nomenclatura CPV (Vocabulario común de contratos públicos): 45000000-7 Traballos de construción.

g) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia (DOG).

h) Data de publicación do anuncio de licitación: 7 de novembro de 2017.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto e non suxeito a regulación harmonizada.

4. Orzamento:

a) Orzamento base de licitación: trescentos vinte e catro mil novecentos noventa e tres euros con cincuenta e nove céntimos (324.993,59 €), IVE incluído.

Para levar a cabo estas actuacións terase en conta o indicado na Orde ESS/621/2017, do 20 de xuño, pola que se distribúen territorialmente para o exercicio económico de 2017, para a súa xestión polas comunidades autónomas con competencias asumidas, subvencións do ámbito laboral financiadas con cargo aos orzamentos xerais do Estado, incluíndo aquelas destinadas á execución do Programa de acción conxunto para a mellora da atención ás persoas paradas de longa duración ou a norma que a substitúa.

b) Orzamento por lotes:

Lote 1: 130.788,42 € (IVE incluído).

Lote 2: 194.205,17 (IVE incluído).

5. Valor estimado: douscentos sesenta e oito mil cincocentos oitenta e nove euros con setenta e catro céntimos (268.589,74 €).

6. Formalización do contrato:

Lote 1: substitución de carpintarías.

a) Data de adxudicación: 4 de maio de 2018.

b) Data de formalización: 11 de maio de 2018.

c) Contratista: Gestión Sistemas Metálicos, S.L.U.

d) Nacionalidade: española.

e) Importe de adxudicación: 91.920,84 € + 19.303,38 € (IVE 21%) = 111.224,22 €.

Lote 2: renovación de cuberta.

a) Data de adxudicación: 4 de maio de 2018.

b) Data de formalización: 11 de maio de 2018.

c) Contratista: Anllar Mantenimientos y Construcciones, S.L.

d) Nacionalidade: española.

e) Importe de adxudicación: 118.154,93 € + 24.812,54 € (IVE 21%) = 142.967,47 €.

Santiago de Compostela, 14 de maio de 2018

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria
PD. (Orde do 10.6.2016)
Borja Verea Fraiz
Secretario xeral técnico da Consellería de Economía, Emprego e Industria