Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Martes, 29 de maio de 2018 Páx. 26381

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 15 de maio de 2018, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no primeiro cuadrimestre do ano 2018.

O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro) impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único

Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería do Medio Rural nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 15 de maio de 2018

Mª Carmen Bouso Montero
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos pola Consellería do Medio Rural
nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2018

Convenio

Importe

Data da sinatura

Addenda ao convenio de colaboración subscrito entre a Xunta de Galicia, a Federación Galega de Municipios e Provincias e as deputacións provinciais, en materia de emerxencias e prevención e defensa contra incendios forestais, para a creación e implantación dos grupos de emerxencia supramunicipais.

Sen contido económico

23.1.2018

Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e a entidade La Voz de Galicia, S.A., para a elaboración, maquetación, publicación e divulgación dun suplemento de accións divulgativas e informativas relacionadas co desenvolvemento da produción agroalimentaria de Galicia.

149.899,12

2.1.2018

Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e a entidade Lérez Ediciones, S.L.U., para a realización de accións divulgativas e informativas relacionadas co desenvolvemento da produción agroalimentaria de Galicia.

8.501,78

2.1.2018

Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e a entidade Editorial La Capital, S.L., para a realización de accións divulgativas e informativas relacionadas co desenvolvemento da produción agroalimentaria de Galicia.

4.921,43

2.1.2018

Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e a entidade Editorial La Capital, S.L., para a realización de accións divulgativas e informativas relacionadas co desenvolvemento da produción agroalimentaria de Galicia.

2.840,20

2.1.2018

Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e a entidade Editorial La Capital, S.L., para a realización de accións divulgativas e informativas relacionadas co desenvolvemento da produción agroalimentaria de Galicia.

4.963,36

2.1.2018

Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e a entidade El Progreso de Lugo, S.L., para a realización de accións divulgativas e informativas relacionadas co desenvolvemento da produción agroalimentaria de Galicia.

25.765,76

2.1.2018

Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e a entidade La Región, S.A., para a realización de accións divulgativas e informativas relacionadas co desenvolvemento da produción agroalimentaria de Galicia.

21.454,40

2.1.2018

Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e a entidade Rías Baixas Comunicación, S.A., para a realización de accións divulgativas e informativas relacionadas co desenvolvemento da produción agroalimentaria de Galicia.

3.327,99

2.1.2018

Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e a entidade Faro de Vigo, S.A.U., para a realización de accións divulgativas e informativas relacionadas co desenvolvemento da produción agroalimentaria de Galicia.

63.316,93

2.1.2018

Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e a entidade Editorial Compostela, S.A., para a realización de accións divulgativas e informativas relacionadas co desenvolvemento da produción agroalimentaria de Galicia.

18.272,88

2.1.2018

Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e a entidade La Opinión de A Coruña, S.L., para a realización de accións divulgativas e informativas relacionadas co desenvolvemento da produción agroalimentaria de Galicia.

9.736,17

2.1.2018

Quinta addenda ao convenio de colaboración subscrito entre a Xunta de Galicia, a Federación Galega de Municipios e Provincias e as diputacións provinciais, en materia de emerxencias e prevención e defensa contra os incendios forestais, para a creación e implantación dos grupos de emerxencia supramunicipais.

Sen contido económico

12.3.2018

Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e Redes de Telecomunicación Galegas Retegal, S.A., para o despregamento da rede de vixilancia dos espazos forestais de Galicia, cofinanciado parcialmente co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do PDR de Galicia 2014-2020.

1.626.000,00

9.1.2018

Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e a Fundación Paideia Galiza para o desenvolvemento dun proxecto para a mellora do material forestal de reprodución.

135.000,00

18.4.2018

Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e o Banco de Santander para realizar actuacións de rexeneración ambiental, paixasística e preventiva en zona de valgadas afectadas polo incendio iniciado en Padróns (Ponteareas).

Sen contido económico

22.2.2018

Protocolo de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e a Federación Galega de Caza para a participación na prevención e defensa contra incendios forestais mediante accións preventivas sobre a poboación e sobre o territorio e de vixilancia preventiva, detección, disuasión e investigación no marco do Pladiga.

Sen contido económico

24.4.2018

Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e a Escola Galega de Administración Pública para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación.

Sen contido económico

12.1.2018

Protocolo entre a Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia e a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil O.A. para a coordinación da intervención administrativa respecto dos aproveitamentos forestais.

Sen contido económico

24.4.2018