Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Martes, 29 de maio de 2018 Páx. 26471

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Escola Galega de Administración Pública

ANUNCIO do 11 de maio de 2018 polo que se fai pública a resolución da concesión dunha bolsa de formación en estudos relacionados co dereito administrativo.

En cumprimento do establecido na base décimo terceira da Resolución do 31 de xaneiro de 2018 (DOG núm. 30, do 12 de febreiro), faise pública a Resolución do 11 de maio de 2018 pola que se concede unha bolsa de formación en estudos relacionados co dereito administrativo:

Resolución do 11 de maio de 2018 pola que se adxudica a bolsa de formación en estudos relacionados co dereito administrativo (PR770F).

Feitos:

1. A Escola Galega de Administración Pública (en diante, EGAP) convocou pola Resolución do 31 de xaneiro de 2018 (DOG núm. 30, do 12 de febreiro) unha bolsa de formación en estudos relacionados co dereito administrativo.

2. Mediante a Resolución da directora da EGAP do 16 de abril de 2018 foron nomeadas as persoas integrantes da comisión de avaliación.

3. Terminado o prazo de presentación de instancias e emendadas as deficiencias observadas na documentación achegada polas persoas solicitantes, a antedita comisión reuniuse para avaliar os seus méritos.

Logo de ser realizada a dita avaliación, publicouse na web da EGAP https://egap.xunta.gal e no seu taboleiro de anuncios a listaxe provisional de posibles bolseiros/as coas puntuacións obtidas e concedeuse un prazo de tres días para presentar alegacións.

4. O día 2.5.2018 a comisión de avaliación entrevistou aquelas persoas candidatas que acadaron a puntuación mínima establecida na avaliación de méritos e que se presentan a ela.

Como consecuencia das ditas entrevistas, a comisión, o día 7.5.2018, elevou á directora da EGAP unha proposta de concesión para a designación de Alejandro Villanueva Turnes como titular da bolsa.

Consideracións legais e técnicas:

Primeira. A competencia para ditar esta resolución correspóndelle á directora da EGAP segundo o establecido na base décimo terceira da convocatoria.

Segunda. De acordo co establecido na base décimo segunda da convocatoria, a comisión de avaliación examinou e valorou os méritos e realizou a entrevista das persoas candidatas concluíndo que a persoa con maior puntuación e que, polo tanto, debería ser a titular da bolsa é Alejandro Villanueva Turnes, que obtivo un total de 26,75 puntos.

Esta conclusión foi recollida na proposta que elevou á directora da EGAP de conformidade co exixido pola antedita base.

Polo exposto e examinada a proposta da comisión de avaliación para a adxudicación da mesma,

RESOLVO:

1. Adxudicar a bolsa de referencia a Alejandro Villanueva Turnes NIF 45908181C por ser o candidato ao cal lle corresponde por orde de puntuación. As actividades de formación iniciaranse desde a data da súa incorporación na EGAP e finalizarán o 31 de decembro de 2018.

2. Recordarlle ao beneficiario que, de acordo co disposto pola base décimo cuarta da convocatoria, unha vez recibida a notificación desta resolución de concesión da bolsa, disporá dun prazo de dez días para comunicar á EGAP a súa aceptación ou renuncia á bolsa. Transcorrido este prazo sen que se produza manifestación expresa pola súa parte, entenderase tacitamente aceptada, segundo o establecido no artigo 21.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

3. Recordarlle ao beneficiario que, de acordo co disposto pola base décimo cuarta da convocatoria, no prazo de cinco días contados desde a aceptación expresa da bolsa ou do transcurso do prazo para entendela tacitamente aceptada, deberá incorporarse ao desempeño da bolsa na EGAP. No caso de que o beneficiario non se incorpore neste prazo, ou que renuncie expresamente, perderá os dereitos inherentes á bolsa.

Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse, con carácter potestativo, recurso de reposición ante a directora da EGAP no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación nos termos dos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Así mesmo, cabe a interposición directa dun recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo que resulten competentes, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da antedita notificación ou publicación, de conformidade co establecido nos artigos 8.2.a) e 14 e 46.1, respectivamente, da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 11 de maio de 2018

A directora da Escola Galega de Administración Pública
P.D. (Resolución do 17.12.2007; DOG núm. 2, do 3.1.2008)
Sergio Domingo Baamonde Boquete
Secretario xeral da Escola Galega de Administración Pública