Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Mércores, 30 de maio de 2018 Páx. 26761

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 11 de maio de 2018 polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia nos expedientes da renda básica de emancipación.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia da resolución de suspensión do dereito á renda básica de emancipación dos mozos.

A comparecencia para coñecer o contido íntegro da dita resolución deberase efectuar no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas de tramitación da renda básica de emancipación das diferentes oficinas de Xestión do Solo de Galicia-Xestur, S.A. que correspondan segundo se relaciona no anexo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A eficacia deste anuncio quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

O anuncio remitirase, así mesmo, aos concellos correspondentes ao último enderezo coñecido de cada persoa interesada, en aplicación do artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, co obxecto de que procedan á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Santiago de Compostela, 11 de maio de 2018

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANEXO

Expediente

Persoa interesada

DNI/NIE

Dependencias comparecencia

RBE-13054-08

Mario Boga Lesta

…480V

A Coruña

RBE-13381-08

Rodrigo Madriñán Martín

…840X

A Coruña

RBE-18601-08

Rubén Martínez Acuña

…608K

A Coruña

RBE-22538-09

César Iglesias Gesto

…728B

A Coruña

RBE-23531-09

José Luis Vázquez Expósito

…670Z

A Coruña

RBE-28680-10

Patricia María Lopes Cabral

…205Q

A Coruña

RBE-31832-10

Nuno Fernando da Silva Sampaio

…326Y

A Coruña

RBE-37098-11

Leonardo Guerra Iglesias

…144L

A Coruña

RBE-38580-11

Gabriela Aguirre Seren

…990K

A Coruña

A Coruña: rolda de Nelle, 12 bis 1º, CP 15005 A Coruña. Teléfono: 981 29 48 72.

Santiago de Compostela: Área Central, local 25-Z, 1º andar; polígono das Fontiñas, CP 15707 Santiago de Compostela. Teléfono: 981 54 19 33.

Lugo: avenida Ramón Ferreiro, 28, CP 27002 Lugo. Teléfono: 982 88 92 60.

Ourense: rúa Valente do Casar, nº 2, baixo, CP 32003 Ourense. Teléfono: 988 78 86 83.

* Pontevedra: rúa Alcalde Hevia, nº 7, baixo, CP 36071 Pontevedra. Teléfono: 986 80 56 06. Horario de atención ao público: martes e venres, das 9.00 ás 14.00 horas.

Vigo: praza Maruja Mallo, 1-1º, CP 36206 Vigo (Pontevedra). Teléfono: 986 49 45 62.