Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Mércores, 30 de maio de 2018 Páx. 26699

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 31/2018).

Eu, Susana Varela Amboage, secretaria do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que mediante resolución ditada no proceso seguido por instancia de César Moure Rosende contra Óscar Carretero Boga se acordou notificar a parte dispositiva do Auto do 23 de marzo de 2018, ditado no procedemento ETX 31/2018, a Óscar Carretero Boga, en ignorado paradoiro:

Parte dispositiva.

Declaro extinguida con data da presente resolución a relación laboral que unía a César Moure Rosende e Óscar Carretero e condeno a executada a aboarlle a César Moure Rosende a cantidade de 2.621,19 euros en concepto de indemnización pola extinción da relación laboral e a suma de 9.044,25 euros en concepto de salarios de tramitación desde a data do despedimento ata a presente resolución, do cal resulta un total de 11.665,44 euros, en concepto de principal, máis 1.166,5 euros que provisionalmente se orzan en concepto de xuros, gastos e custas.

Notifíqueselles ás partes e ao Fogasa a presente resolución e fágaselles saber que contra ela poden interpor recurso de reposición no prazo de tres días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

Así o acorda, manda e asina Ana María Souto González, maxistrada xuíza de reforzo do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela.

Para que lle sirva de notificación a Óscar Carretero Boga, en ignorado paradoiro, expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 3 de maio de 2018

A letrada da Administración de xustiza