Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Mércores, 30 de maio de 2018 Páx. 26731

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 9 de maio de 2018, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se empraza a interesa para ser notificada por comparecencia no expediente de autorización do arrendamento parcial dos dereitos mineiros da concesión de explotación Benedicta número 1544 ,denominada Pozo do Liño número 1544.22, situada no Porriño (Pontevedra).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro), logo de intentada a notificación persoal de acordo co artigo 40 da citada Lei 39/2015 sen que esta se puidese efectuar, emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE (Boletín Oficial del Estado), ante a Sección de Minas da Xefatura Provincial da Consellería de Economía, Emprego e Industria en Pontevedra, con enderezo na avenida Fernández Ladreda, 43, 36003 Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 9 de maio de 2018

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Interesada: Graniatios, S.L.

NIF: B36026417

Acto notificado: remisión da resolución da autorización do arrendamento parcial dos dereitos mineiros da concesión de explotación Benedicta número 1544 denominada Pozo do Liño número 1544.22, situado no Porriño, na provincia de Pontevedra.