Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Mércores, 30 de maio de 2018 Páx. 26768

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Rábade

ANUNCIO de convocatoria para a provisión dunha praza de auxiliar de axuda no fogar (modalidade básica).

No BOP de Lugo núm. 114, correspondente ao día 21 de maio de 2018, publícanse integramente as bases da convocatoria para a provisión dunha praza de auxiliar de axuda no fogar (modalidade básica) do cadro de persoal laboral fixo do Concello de Rábade, acceso libre, mediante o sistema de concurso-oposición.

O prazo de presentación de instancias será de vinte días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria publicaranse únicamente no BOP de Lugo e no taboleiro de anuncios deste concello.

Rábade, 24 de maio de 2018

Francisco Xosé Fernández Montes
Alcalde