Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Xoves, 31 de maio de 2018 Páx. 26844

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 24 de maio de 2018 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso na categoría 003 (ordenanza e outras) do grupo V de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual, convocado pola Orde do 25 de febreiro de 2016.

Mediante a Orde do 25 de febreiro de 2016 (DOG núm. 45, do 7 de marzo) convocouse o proceso selectivo para o ingreso na categoría 003 (ordenanza e outras) do grupo V de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual.

Mediante a Resolución do 16 de abril de 2018 (DOG núm. 80, do 25 de abril) o tribunal nomeado pola Orde do 27 de febreiro de 2017 (DOG núm. 44, do 3 de marzo), modificada pola Orde do 9 de marzo de 2017 (DOG núm. 52, do 15 de marzo) acordou facer pública e elevar á Dirección Xeral da Función Pública a relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo.

Unha vez acreditado o cumprimento dos requisitos exixidos na convocatoria por parte das persoas aspirantes e co obxecto de que poidan ser nomeadas persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Convocar as persoas aspirantes, pola orde que se relaciona no anexo I, ao acto de elección de destino definitivo que terá lugar na sala D do edificio administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, o día 4 de xuño de 2018, ás 11.00 horas.

Segundo. As persoas aspirantes poderán elixir entre os postos que se relacionan no anexo II desta orde.

Terceiro. As persoas aspirantes deberán ir provistas de DNI ou outro documento que acredite fidedignamente a súa identidade; no caso de non comparecer persoalmente, poderán ser representadas por terceiras persoas con poder notarial suficiente.

Cuarto. Ás persoas aspirantes que non comparezan persoalmente ou por medio de representantes seranlles adxudicados en destino definitivo os postos que lles correspondan atendendo á orde de publicación destes e ao número obtido no proceso selectivo, unha vez concluído o proceso de adxudicación dos postos ás persoas aspirantes presentes ou representadas, entre os que quedasen sen adxudicar.

Quinto. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase presentar recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Facenda no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 24 de maio de 2018

Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda

ANEXO I

DNI

Apelidos e nome

1

48897363F

González Fontanals, Carlos

2

44817598M

Martínez Gomila, Francisco Javier

3

32844488M

Barreiro Barco, Magdalena

4

44813570W

Carballo Benito, Manuel

5

44473823B

Rey González, Jacobo

ANEXO II

Grupo

Categoría

Denominación

Código do posto

Centro de destino

Centro directivo

Concello

1

V

003

Ordenanza

PX10115770900

Presidencia da Xunta de Galicia

Secretaría Xeral Técnica

Santiago de Compostela

2

V

003

Ordenanza

PRC0215770900

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Admóns. Públicas e Xustiza

Secretaría Xeral Técnica

Santiago de Compostela

3

V

003

Ordenanza

SAC9915001900

Consellería de Sanidade

Xefatura Territorial da Coruña

A Coruña

4

V

003

Ordenanza

PSC9932001900

Consellería de Política Social

Xefatura Territorial de Ourense

Ourense

5

V

003

Ordenanza

MRC9932001900

Consellería do Medio Rural

Xefatura Territorial de Ourense

Ourense