De conformidade co disposto nos artigos 42.2 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e despois de intentada dúas veces a notificación persoal da toma de posesión dos predios de substitución da zona de concentración parcelaria de Senra-Cardama-Vilarromarís II (Oroso-A Coruña), ponse en coñecemento dos propietarios que se relacionan no anexo, por medio deste anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE) e no Diario Oficial de Galicia (DOG), o texto da notificación.
O prazo para a presentación das reclamacións por superficie comezarase a contar, para os interesados que se mencionan no anexo, a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.
O texto da dita notificación é o seguinte:
«En cumprimento do disposto polo artigo 37 da Lei 4/2015, do 17 de xuño, de mellora da estrutura territorial agraria de Galicia, notifícolle que o director xeral de Desenvolvemento Rural resolveu dar, con data do 2 de abril de 2018, a toma de posesión provisional dos predios resultantes do proceso de concentración parcelaria da zona de Senra-Cardama-Vilarromarís II (Oroso-A Coruña), na cal figura vostede como propietario.
As datas para tomar posesión dos predios son as seguintes:
1. Para terreos de prado, pasteiro, labradío sen colleita e monte, o día 2 de abril de 2018.
2. Para os restantes terreos, no momento en que, segundo o costume, se retiren as colleitas actuais.
Importante. A data límite para a retirada do arboredo é o día 2 de outubro de 2018 e debe contarse co preceptivo permiso do Servizo de Montes e o informe favorable do Servizo de Conservación da Natureza, no caso de especies autóctonas protexidas.
No prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da recepción desta notificación, poderá reclamar por defecto de superficie nos predios a vostede atribuídos, xuntando unha medición pericial asinada por técnico competente sobre diferenzas de superficie superiores a unha marxe de tolerancia variable entre a medición in situ e a que conste no boletín de atribucións dos novos predios, conforme o disposto no dito artigo 37.
As persoas propietarias das parcelas de achega débenlles permitir aos titulares dos novos predios o acceso a estes para procederen, no prazo dos dous meses arriba sinalado, á súa medición.
Débese ter en conta que:
1. A falta de superficie dun predio non será compensada cando exista exceso de superficie no conxunto dos predios atribuídos ao mesmo propietario e esta sexa suficiente para compensar en valor de puntuación o conxunto das atribucións.
2. A falta de superficie en terreos de núcleo rural (total ou parcialmente) será compensada nesta mesma clase. No caso de non existir dispoñible terreo deste tipo e o mesmo titular ter exceso de superficie en terreos doutra clase, a compensación farase sobre os ditos terreos.
3. Non se admitirá reclamación no caso de que o predio obxecto desta coincida exactamente, na súa delimitación cartográfica, coa parcela achegada polo mesmo titular.
4. Impedir ou obstaculizar a toma de posesión considérase unha infracción moi grave (artigo 90 da Lei 4/2015) sancionada con multa de 1.501 a 6.000 euros.
5. Sen prexuízo do indicado no punto anterior, a toma de posesión poderase dar, logo de apercibimento, mediante compulsión directa sobre a/as persoa/s que a impidan.
6. Os planos do acordo e as coordenadas dos marcos están accesibles na internet na páxina web da Consellería do Medio Rural no enderezo:
http://mediorural.xunta.gal/areas/infraestruturas/concentracions_parcelarias/publicacions».
A Coruña, 15 de maio de 2018
Manuel Rodríguez Vázquez
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
|
Interesados |
|
Astray Veiras, María Teresa |
|
Barallobre Gómez, Carmen Nieves |
|
Barreiro Blanco, Antonio |
|
Barreiro Blanco, María |
|
Barreiro Mira, Carmen |
|
Barreiro Mira, Otilia |
|
Barreiro Veiras, Ramiro |
|
Barreiro Viqueira, Nieves |
|
Blanco Gómez, Josefina |
|
Blanco López, Manuel |
|
Blanco Mosquera, Ismael |
|
Botana Otero, Clara Mercedes |
|
Botana Rey, Gaspar |
|
Botana Rey, Vicente |
|
Cabanas Leborán, María Dolores |
|
Cabanas Leborán, María Florinda |
|
Calvo Barreiro, Manuela |
|
Calvo Gómez, Consuelo |
|
Calvo López, Manuel |
|
Castro Rial, Manuel |
|
Fernández Barreiro, María del Carmen |
|
Fernández Barreiro, Trinidad |
|
Fernández Blanco, José |
|
Fernández Calvo, Carmen |
|
Fernández Carballeiro, Pedro |
|
Fernández Chico, Ángela |
|
Fernández Fernández, José |
|
Fernández Iglesias, María |
|
Fernández Patiño, Rogelio |
|
Fernández Verea, Antonio |
|
Fernández Verea, Severino |
|
Ferreiro Iglesias, Jesús |
|
Ferreiro Iglesias, Sabina |
|
Ferreiro Paderne, Erundina |
|
Ferreiro Paderne, Manuel |
|
Ferro Garazo, Dosinda |
|
Garaboa Barreiro, Carmen |
|
García Ruanova, Dolores |
|
García Ruanova, Nieves |
|
Gómez Barbeira, Carmen |
|
Gómez Barbeira, Jesusa |
|
Gómez Barbeira, María del Pilar |
|
Gómez Blanco, Genara Gloria |
|
Gómez Oubel, Carmen |
|
Gómez Rey, Ramona |
|
Suárez García, Manuel |
|
Suárez Neira, Domingo |
|
Iglesias González, Manuel |
|
Juncal Gende, Antonio |
|
Leborán Ramos, Andrés |
|
López Vieites, Alfonso |
|
López Vieites, Esmeralda |
|
López Vieites, Maribel |
|
Méndez Rios, María Manuela |
|
Mira Castro, Primitivo |
|
Mirás Barreiro, Ángel |
|
Mirás Barreiro, Dolores |
|
Mirás Barreiro, Manuel |
|
Mirás Barreiro, María |
|
Mirás Barreiro, Pastora |
|
Mirás Duro, Jesús |
|
Mirás González, Ramón |
|
Naveiro Francos, Ángela |
|
Naveiro Francos, Elena |
|
Naveiro Francos, Generosa |
|
Naveiro Suárez, José Manuel |
|
Naveiro Suárez, María del Carmen |
|
Neira Barreiro, Fernando |
|
Paderne Gómez, Enrique |
|
Ramos Mirás, Manuel |
|
Rey Chico, Alfonso |
|
Rey Gómez, Juan Carlos |
|
Rial Berdomas, María Manuela |
|
Rial Ramos, José |
|
Rial Ramos, Serafín |
|
Ribadas Lagares, María Jesús |
|
Soneira Mirás, Ángel |
|
Soneira Mirás, José Antonio |
|
Suárez Carrillo, Concepción |
|
Suárez Carrillo, José Manuel |
|
Suárez Platas, Concepción |
|
Varela Villar, José Luis |
|
Varela Villar, Ramón |
|
Vieites Calvo, Antonio |
|
Vieites Naveiro, Carmen |
|
Vieites Villaverde, Manuel |
|
Viqueira Calvo, Manuel |
|
Duro Barreiro, María del Carmen |
|
Calvo Rial, Manuel |
|
Gende del Río, Milagros |
|
Rivadas Campos, Erundina |
|
Garaboa Barreiro, Andrés |
|
Varela Estévez, Inés |
|
Barreiro del Río, Manuel |
|
Boo Barreiro, Manuel |
|
Boo Barreiro, Rufino |
|
Fernández Blanco, Gabino |
|
Fernández Blanco, Ismael |
|
Ferreiro Mosquera, Eladio Ramón |
|
González Veites, José Andrés |
|
López Paderne, María del Carmen |
|
Raña Viqueira, Carmen |
|
Varela Casal, Susana |
|
Varela Meijide, Juan Carlos |
|
Veiras Gómez, Manuel |
|
Vieites Mandayo, Javier |
|
Vieites Recarey, Jesusa |
|
Vieites Recarey, María |
|
Viqueira Gómez, Jesús |
|
Viqueira Gómez, José Antonio |
|
Viqueira Gómez, Manuel |
|
Viqueira Gómez, María del Carmen |
|
Viqueira Gómez, Pilar |
|
Alonso Miras, José Manuel |
|
Ferreiro Farto, José Manuel |


