Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Xoves, 31 de maio de 2018 Páx. 26860

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (1185/2015).

Eu, María Adelaida Egurbide Margañón, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento de Seguridade Social 1185/2015 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Juan Manuel Orgueira Cambón contra a empresa Texcomcor-2007, S.L., Entidade Mutua Galega de Accidentes de Traballo, Mutua Colaboradora coa S.S. Nº 201, Entidade Tesouraría Xeral da Seguridade Social TGSS, entidade Instituto Nacional da Seguridade Social, sobre Seguridade Social, se ditou a seguinte resolución, cuxo encabezado e parte dispositiva se achegan:

«Sentenza:

Na Coruña, oito de maio de dous mil dezaoito.

Jorge Hay Alba, maxistrado do Xulgado do Social número 2 da Coruña, despois de ver os presentes autos seguido neste xulgado co nº 1185/2015, sendo parte neste, dun lado como demandante Juan Manuel Orgueira Cambón, representado polo letrado Sr. Novo Prego e como demandados INSS e TGSS, representado pola letrada Fuencisla Suárez Verea; Mutua Galega de Accidentes de Traballo, representada polo letrado Sr. Torrado Oubiña e a mercantil Texcomcor-2007, S.L. non comparece, malia estar citada en legal forma sobre incapacidade permanente derivada de accidente de traballo pronunciou en nome de S.M. O Rei, a seguinte sentenza

Decido:

Que debo desestimar e desestimo a demanda interposta por Juan Manuel Orgeira Cambón contra o I.N.S.S., T.G.S.S., Mutua Galega de Accidentes de Traballo e Texcomor 2007, S.L., absolvendo os demandados dos pedimentos contidos nesta.

Notifíquese esta resolución ás partes, ás que se fará saber que, contra esta, só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, debendo anuncialo ante este xulgado no prazo de cinco días contado a partir da notificación desta sentenza.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Texcomcor-2007, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

A Coruña, 8 de maio de 2018

A letrada da Administración de xustiza