Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Venres, 1 de xuño de 2018 Páx. 27054

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 18 de maio de 2018, da Área Provincial da Coruña, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia no proceso de segundas adxudicacións das Pontes.

Logo de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 42 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e de conformidade co disposto nos seus artigos 44 e 46, emprázanse as persoas interesadas no proceso de segundas adxudicacións das Pontes iniciado pola Resolución do 11 de xaneiro de 2018, que se sinalan no anexo, para seren notificadas por comparecencia.

A comparecencia deberá efectuarse na sede da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo na Coruña, rúa Vicente Ferrer 2, 9º andar, á sur, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A Coruña, 18 de maio de 2018

Susana Mª Vázquez Romero
Xefa da Área Provincial da Coruña

ANEXO

Persoa interesada

DNI/NIE/NIF

Acto obxecto de notificación

Vladimir Grueiro González

...260B

Petición de documentación

Diego Vázquez Castro

...756W

Petición de documentación