Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Venres, 1 de xuño de 2018 Páx. 26995

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 28 de maio de 2018, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, pola que se fai pública a relación de aspirantes que superaron a fase de oposición do proceso selectivo.

Na sesión que tivo lugar o día 28 de maio de 2018, o tribunal nomeado pola Orde do 22 de maio de 2017 (DOG núm. 100, do 29 de maio) para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, convocado pola Orde do 2 de decembro de 2016 (DOG núm. 240, do 19 de decembro), e de conformidade co disposto nas bases da convocatoria, adoptou os seguintes acordos:

Primeiro. Publicar como anexo a esta resolución a relación de aspirantes que superaron a fase de oposición do proceso selectivo, por orde de puntuacións obtidas e con indicación do seu documento nacional de identidade.

De conformidade coa base V.I da convocatoria, os aspirantes disporán dun prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia desta relación de aprobados, para presentar a documentación prevista nas letras a), b) e c) da citada base e, se for o caso, a indicada na base V.2. da convocatoria.

Segundo. Elevar a dita relación ao titular da Dirección Xeral da Función Pública para os efectos de que os aspirantes que figuran nela sexan propostos para o seu nomeamento como funcionarios en prácticas.

Terceiro. De conformidade co disposto na base IV.13 da convocatoria, contra este acordo poderá interpoñerse recurso de alzada nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 28 de maio de 2018

Pablo Leis Mol
Presidente do tribunal

ANEXO
Acceso libre

Apelidos e nome

NIF

1º ex.

2º ex.

3º ex.

4º ex.

Total

Vázquez Pérez, Patricia Pilar

47363630Y

14,50

23,62

25,55

Exenta

63,67

Mourelle Ferreiro, Juan Carlos

79315701V

15,50

21,88

21,64

Exento

59,02

Piñeiro Muñoz, Luis

33545314K

11,25

22,75

22,64

Exento

56,64

Ramos Pena, Marta

44825569H

12,89

22,75

20,94

Exenta

56,58

Prego Teira, Ramón

32824809Z

13,94

21,88

17,86

Exento

53,68

Fernández Loureiro, David

33546573S

10,26

18,38

18,00

Exento

46,64