Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Venres, 1 de xuño de 2018 Páx. 27025

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 14 de maio de 2018, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se fai publico o informe de impacto ambiental sobre o proxecto de melloras locais na LU-P-1401, do punto quilométrico 12+060 a 19+100, entre os lugares de Campo da Braña e Piornedo, no concello de Cervantes (Lugo), promovido pola Deputación Provincial de Lugo (expediente 2015/0137).

De conformidade coa Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, artigo 47, número 3, faise público o informe de impacto ambiental do 9 de maio de 2018, relativo ao proxecto de melloras locais na LU-P-1401 do punto quilométrico 12+060 a 19+100, entre os lugares de Campo da Braña e Piornedo, no concello de Cervantes (Lugo) promovido pola Deputación Provincial de Lugo.

Este informe pódese consultar na seguinte ligazón http://www.cmaot.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).

Santiago de Compostela, 14 de maio de 2018

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático