Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Venres, 1 de xuño de 2018 Páx. 27022

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 26 de abril de 2018, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se fai publica a declaración de impacto ambiental para o proxecto de ampliación dunha explotación de galiñas de posta, sita no lugar do Monte da Graña, no concello de Curtis (A Coruña), promovido por Ovos Xalo, S.C. (expediente 2017/0187).

De conformidade coa Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, artigo 41, número 3, faise pública a declaración de impacto ambiental do 6 de abril de 2018, relativa ao proxecto de ampliación dunha explotación de galiñas de posta, sita no lugar do Monte da Graña, no concello de Curtis (A Coruña), promovido por Ovos Xalo, S.C.

Esta declaración pódese consultar na seguinte ligazón http://cmaot.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).

Santiago de Compostela, 26 de abril de 2018

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático