Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Venres, 1 de xuño de 2018 Páx. 26971

III. Outras disposicións

Axencia Galega das Industrias Culturais

CORRECCIÓN de erros. RESOLUCIÓN do 14 de maio de 2018 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para o desenvolvemento de proxectos audiovisuais de produción galega e se convocan para o ano 2018.

Advertido erro na citada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 100, do 28 de maio de 2018, procede facer as oportunas correccións:

Na páxina 26155, base sétima, punto 3, onde di: «j) De ser o caso, declaración responsable de que o guión proposto tivo subvención da Agadic á creación audiovisual.», debe dicir: «j) De ser o caso, declaración responsable de que o guión proposto tivo subvención da Agadic á creación audiovisual con posterioridade ao ano 2013».

Na páxina 26155, base sétima, punto 3, debe engadirse:

«l) Declaración na cal se especifique se se realizou teaser do proxecto».

Na páxina 26166, base décimo sétima, onde di: «A persoa beneficiaria deberá presentar no Rexistro da Agadic, tendo de prazo máximo ata o 1 de agosto do ano 2019, a conta xustificativa da realización do desenvolvemento do proxecto subvencionado, que conterá:», debe dicir: «A persoa beneficiaria deberá presentar no Rexistro da Agadic, tendo de prazo máximo ata o 31 de xullo do ano 2019, a conta xustificativa do desenvolvemento do proxecto subvencionado, que conterá:».

Na páxina 26166, base décimo sétima, punto 1, onde di: «a) Guión.», debe dicir: «a) Guión da obra audiovisual. No caso de series e miniseries, deberase entregar o guión de dous capítulos».