Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Venres, 1 de xuño de 2018 Páx. 27066

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Redes de Telecomunicación Galegas Retegal, S.A.

RESOLUCIÓN do 28 de maio de 2018 pola que se anuncia a convocatoria para a elaboración de listas de contratación temporal por categorías.

A dirección xerencia de Redes de Telecomunicación Galegas Retegal, S.A., de conformidade co establecido no artigo 110.c) da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia e en virtude das atribucións outorgadas polo Consello de Administración na súa sesión do 30 de marzo de 2017, en materia de selección e contratación de persoal,

RESOLVE:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para a elaboración de listas de contratación temporal para as categorías de:

• Oficial de comunicacións CEXAR (Ref. BET-OC).

• Oficial de comunicacións centros emisores (Ref. BET-OCCE).

• Técnico de comunicacións (CEXAR e centros emisores) (Ref. BET-TC).

Segundo. Outorgar un prazo de 15 días naturais contados desde o seguinte á publicación da presente Resolución no Diario Oficial de Galicia para a presentación de solicitudes.

Terceiro. As instancias dirixiranse á dirección xerencia de Redes de Telecomunicación Galegas Retegal, S.A., e presentaranse de conformidade co establecido nas bases que regulan a convocatoria.

Cuarto. As bases da convocatoria poderán consultarse na páxina web: http://www.retegal.es/gl/transparencia/proceso-bolsas-de-emprego-2018 ou nas dependencias da sociedade sitas en: Complexo de San Marcos (Edificio Multiúsos). Bando-San Marcos, 15820 Santiago de Compostela (A Coruña).

Santiago de Compostela, 28 de maio de 2018

Miguel Rodríguez Quelle
Director xerente de Redes de Telecomunicación Galegas Retegal, S.A.