Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Venres, 1 de xuño de 2018 Páx. 27004

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (PO 319/2016).

Eu, María Adelaida Egurbide Margañón, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 319/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Servando Amable Lago Pajón contra Luis Rabuñal Peinado sobre reclamación de cantidade, se ditou a seguinte resolución:

«Sentenza.

A Coruña, 9 de maio de 2018.

Jorge Hay Alba, maxistrado do Xulgado do Social número 2 da Coruña, tendo visto os presentes autos seguidos neste xulgado co nº 319/2016, en que foron parte, dun lado como demandante, Servando Amable Lago Pajón, asistido polo letrado Antonio Pousa Meréns, e como demandado Luis Rabuñal Peinado, que non comparece pese a estar citado en legal forma, sobre reclamación de cantidade, pronunciou, en nome do rei, a seguinte sentencia

Antecedentes de feito:

Primeiro. A parte demandante presentou demanda que por quenda correspondeu a este Xulgado do Social número 2 da Coruña, en que, tras expor os feitos e alegar os fundamentos de dereito que considerou pertinentes, terminaba suplicando que se ditase sentenza conforme o pedido.

Segundo. Admitida a trámite a dita demanda, sinalouse a celebración do acto de xuízo, que se celebrou na data sinalada en todas as súas fases co resultado que consta na acta redactada para o efecto e que quedou debidamente gravado no correspondente soporte CD. Unha vez concluído o acto do xuízo, quedaron os autos vistos para ditar sentenza.

Terceiro. Na tramitación dos presentes autos observáronse as normas legais de procedemento.

Resolvo:

Que, estimando a demanda interposta polo demandante Servando Amable Lago Pajón, debo condenar e condeno a empresa Luis Rabuñal Peinado a que aboe ao demandante a cantidade de 277,37 euros polos conceptos reclamados na demanda.

Notifíquese esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que contra ela non cabe recurso de suplicación.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Publicación. Expídoa eu, secretaria xudicial, para facer constar que, na mesma data da sentenza, se deposita na secretaría deste xulgado a anterior sentenza para a súa notificación e publicidade na forma permitida e ordenada pola Constitución e polas leis. Seguidamente, expídese testemuño da sentenza para a súa unión aos autos.

E para que sirva de notificación a Luis Rabuñal Peinado, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 14 de maio de 2018

A letrada da Administración de xustiza