Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Luns, 4 de xuño de 2018 Páx. 27368

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 22 de maio de 2018, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, pola que se acorda a remisión do expediente administrativo relativo ao recurso contencioso-administrativo P.O. 02/4057/2018 interposto por Francisco Javier Chantada Abal, contra o Decreto 127/2017, do 23 de novembro, polo que se aproba o mapa farmacéutico de Galicia, se planifica a autorización de novas oficinas de farmacia e se fixa a delimitación territorial para a súa localización.

A Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade recibiu da Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, un decreto polo que se admite a trámite o recurso contencioso-administrativo P.O. núm. 02/4057/2018 interposto por Francisco Javier Chantada Abal, contra o Decreto 127/2017, do 23 de novembro, polo que se aproba o mapa farmacéutico de Galicia, se planifica a autorización de novas oficinas de farmacia e se fixa a delimitación territorial para a súa localización.

En consecuencia, esta secretaría xeral técnica acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento e que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos na Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza no prazo de 9 (nove) días, contados desde o seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de maio de 2018

Alberto Fuentes Losada
Secretario xeral técnico da Consellería de Sanidade