Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Luns, 4 de xuño de 2018 Páx. 27331

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (PO 787/2017).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 787/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Confesora Burgos Burgos contra Carlos Enrique Porteiro Varela e o Fogasa, sobre reclamación de cantidade, se ditou a seguinte sentenza cuxo encabezamento e parte dispositiva son os seguintes:

«Reforzo:

Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: reclamación de cantidade número 787/2017.

Demandante: Confesora Burgos Burgos.

Letrado: Sr. Martínez Ramonde.

Demandados:

Carlos Enrique Porteiro Varela.

Fogasa.

Sentenza número 128/2018.

A Coruña, 20 de marzo de 2018.

Resolución:

– Admito a demanda formulada por Confesora Burgos Burgos fronte a Carlos Enrique Porteiro Varela e, en consecuencia, condeno este a aboar á primeira a suma de 1.481,33 euros en concepto de débeda salarial polos conceptos e desagregación contida en demanda.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño desta no presente procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes advertíndolles que contra ela non cabe recurso ningún.

Así o pronuncio, mando e asino».

E para que sirva de notificación en legal forma a Carlos Enrique Porteiro Varela, en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 11 de maio de 2018

A letrada da Administración de xustiza