Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Luns, 4 de xuño de 2018 Páx. 27342

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 25 de abril de 2018, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica a resolución de cancelación da inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia (expediente LU-2011/0201).

O día 6 de abril de 2018 a persoa titular da Xefatura Territorial da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza de Lugo ditou unha resolución de cancelación da inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia, relativa ao procedemento de cancelación conxunta no mencionado rexistro, expediente LU-2011/0201.

Non foi posible notificar persoalmente a dita resolución á persoa interesada, cuxos datos figuran no anexo a este anuncio. Polo tanto, consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), realízase esa notificación mediante a publicación do correspondente anuncio no Boletín Oficial del Estado, así como no Diario Oficial de Galicia.

O texto íntegro do acto que se notifica, así como o resto do expediente, encóntrase á disposición da persoa interesada na sede da Xefatura Territorial de Lugo, rolda da Muralla, 70, 1º, Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada ante a persoa titular da Dirección Xeral de Xustiza no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Logo de transcorrer o dito prazo sen que conste a interposición do recurso, a resolución devirá firme.

Lugo, 25 de abril de 2018

José Manuel Rozas Bello
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Procedemento: cancelación conxunta no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia (PR212B).

Número de expediente: LU-2011/0201.

Persoa interesada: Mónica Cajide Loureiro.

Acto que se notifica: resolución de cancelación da inscrición.