Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Luns, 4 de xuño de 2018 Páx. 27363

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 26 de abril de 2018, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica o escrito de trámite de audiencia do expediente sancionador por infracción na orde social 44472735G/19/04/2018/2.1.E.

Intentada a notificación do escrito de trámite de audiencia ao interesado, ditado polo xefe territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Ourense, polo que se acorda o inicio do expediente sancionador arriba referenciado, e non sendo posible a súa práctica, polo medio da presente cédula e segundo o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, procédese a efectuar a notificación polo medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), quedando condicionada a súa eficacia á publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Así mesmo, fáiselles saber que o dito escrito de trámite de audiencia non pon fin á vía administrativa e que, contra el, cabe formular escrito de alegacións, ante esta xefatura territorial, dentro do prazo dos quince (15) días hábiles seguintes ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), conforme o previsto no artigo 37.3 do Real decreto 928/1998, do 14 de maio, regulador dos procedementos para a imposición de sancións por infraccións da orde social e para os expedientes liquidatorios de cotas da Seguridade Social.

Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

O interesado, durante este prazo, poderase presentar ante a oficina de emprego Ourense Centro, situada na rúa Progreso, 11, baixo, Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer integramente o contido do escrito de trámite de audiencia ditado polo xefe territorial.

Advírteselle ao interesado que, se non formula alegacións en tempo e forma, a proposta de inicio do expediente sancionador adquirirá firmeza.

Ourense, 26 de abril de 2018

Santiago Álvarez González
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Expediente: 44472735G/19/04/2018/2.1.E.

Nombre: David Graña González.

Concello: Ourense.

Precepto infrinxido: non manter a inscrición como demandante de emprego.

Contido do escrito de trámite de audiencia: inicio de procedemento sancionador coa proposta de perda dun mes do dereito á prestación ou subsidio recoñecido.