Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Luns, 4 de xuño de 2018 Páx. 27380

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 21 de maio de 2018, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, polo que se notifican as resolucións de dous recursos de alzada a dous afectados polo proceso de concentración parcelaria da zona de Parada II (Ordes).

De conformidade co disposto nos artigos 42 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar, notifícanselles ás persoas interesadas, por medio do presente anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), os actos administrativos sinalados no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, aínda que a eficacia do acto notificado quedará supeditado á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro dos actos que se notifican, os interesados poderán comparecer nas dependencias da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, situadas en San Caetano, s/n, das 9.00 ás 14.00 horas.

Santiago de Compostela, 21 de maio de 2018

Miguel Ángel Pérez Dubois
Director xeral de Desenvolvemento Rural

ANEXO

Interesados

Acto que se notifica

Zona de concentración parcelaria

José Conde Ferreiro

Resolución

Parada II (Ordes-A Coruña)

Carmen del Valle Domeq

Resolución

Parada II (Ordes-A Coruña)