Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Luns, 4 de xuño de 2018 Páx. 27376

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 16 de maio de 2018, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural, pola que se fai pública a formalización da contratación, polo procedemento aberto non suxeito a regulación harmonizada, con tramitación ordinaria e anticipada de gasto, documentalmente simplificada, do servizo para o desenvolvemento dunha campaña de publicidade para a promoción do leite galego (expediente 9/2018).

En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería do Medio Rural.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo de servizos.

b) Descrición do obxecto: definir a estratexia de medios e soportes para desenvolver unha campaña publicitaria a nivel autonómico para promover o consumo de leite galego e, nomeadamente, da marca Galega 100 % como distintivo de calidade durante o ano 2018.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=236695

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG número 1, do 2 de xaneiro de 2018.

e) División por lotes e número: non.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e anticipada de gasto. Procedemento aberto non suxeito a regulación harmonizada.

4. Orzamento de licitación:

Importe neto: 181,818,18 €. IVE (21 %): 38.181,82 €. Importe total: 220.000,00 €.

Valor estimado: 181.818,18 €.

5. Financiamento: fondos propios da Consellería do Medio Rural.

6. Adxudicación e formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 26 de marzo de 2018.

b) Adxudicataria: Imaxe Intermedia, S.A.

c) Importe de adxudicación: 178.787,88 € (sen IVE).

d) Data de formalización do contrato: 26 de abril de 2018.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: ser a oferta economicamente máis vantaxosa para a Administración, tendo en conta os criterios de adxudicación establecidos no prego.

Santiago de Compostela, 16 de maio de 2018

Mª del Carmen Bouso Montero
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural