Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Luns, 4 de xuño de 2018 Páx. 27325

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Ferrol

EDICTO (873/2016).

Eu, José Miguel Regueiro Pérez, letrado da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Ferrol, fago saber que en virtude do acordado nos autos de referencia, e de conformidade co disposto nos artigos 156.4 e 164 da LAC, polo presente notifícase á parte demandada, Adrián Gómez Bujía, que se encontra en paradoiro descoñecido, a sentenza ditada no procedemento de referencia o 26.2.2018, cuxo encabezamento e resolución din como segue:

«Sentenza:

Xuíz que a dita: maxistrado-xuíz Tudela Guerrero

Lugar: Ferrol

Data: vinte e seis de febreiro de dous mil dezaoito

Demandante: Víctor Leal Pita

Avogado: Juan Pablo Pillado Mosquera

Procurador: Antonio Rubín Barrenechea

Demandado: Adrián Gómez Bujía

Procedemento: xuízo verbal 873/2016

Resolución:

Debo estimar e estimo integramente a demanda presentada por Víctor Leal Pita, en nome da sociedade civil Inmobiliaria Aurora, fronte a Adrián Gómez Bujía e condeno o segundo a pagar os 750 euros que restan por aboar do arrendamento de vivenda sita no piso 3º dereita do número 144 da rúa estrada de Cedeira de Narón.

Con xuros legais desde a reclamación inicial de 1.500 euros, a partir da presentación da demanda e descontando os sucesivos pagamentos parciais verificados.

As custas do demandante serán aboadas polo demandado.

Advirto ás partes que contra esta sentenza non cabe interpoñer recurso ningún.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

O xuíz».

E para que sirva de notificación en forma a Adrián Gómez Bujía, expido o presente.

Ferrol, 27 de febreiro de 2018

O letrado da Administración de xustiza