Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Luns, 4 de xuño de 2018 Páx. 27402

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arzúa

ANUNCIO de convocatoria para a contratación laboral temporal de cinco peóns de servizos varios a tempo parcial.

Por Resolución da Alcaldía do 28 de maio de 2018, convócase proceso de selección polo sistema de concurso para a contratación de cinco peóns de servizos varios por un período de 5 meses e cunha xornada laboral de 25 horas semanais, para a realización dun programa de integración laboral.

O prazo de presentación de solicitudes e documentación é de dez (10) días hábiles, contado desde o seguinte á publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

As bases estarán á disposición dos interesados nas oficinas municipais, na páxina web do concello e tamén sairán publicadas no Boletín Oficial da provincia.

Arzúa, 29 de maio de 2018

José Luis García López
Alcalde