Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Luns, 4 de xuño de 2018 Páx. 27404

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello das Pontes de García Rodríguez

ANUNCIO da aprobación definitiva do estudo de detalle no encontro entre a avenida de Ortigueira e a rúa Rectoral.

Anuncio da aprobación definitiva do estudo de detalle promovido por Gestión Inmobiliaria Veimag, S.L., no encontro entre a avenida de Ortigueira e a rúa Rectoral.

O Pleno do Concello, en sesión do día 9.5.2018, acadou, entre outros, o seguinte acordo, á vista dos antecedentes existentes no expediente e do disposto nos artigos 82.2.3 e 4, 88.1, 3 e 4 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia (artigos 199, 209 e 212 do Decreto 143/2016); e nos artigos 22.2.c) e 47.1 da Lei 7/1985, do 2 de abril, de bases do réxime local:

1º. Aprobar definitivamente o estudo de detalle que presentou en data do 9.12.2017 (RE sede núm. 1145), Félix Ángel Bellas Permuy, en representación da empresa Gestión Inmobiliaria Veimag, S.L., e que redactaron os arquitectos Antonio Ferreiro Romero e Jorge Cebreiro Cabarcos, en data decembro de 2017, para o reaxuste nas aliñacións previstas nas NNSS do Concello na confluencia da rúa Rectoral e a avenida de Ortigueira.

2º. Publicar o acordo de aprobación definitiva no Diario Oficial de Galicia no prazo dun mes desde a súa adopción.

3º. Inscribir o estudo de detalle no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia segundo o disposto no Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e na Orde do 10 de marzo de 2017, pola que se establecen os modelos normalizados de solicitudes para a inscrición, modificación e certificación de datos no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia, previstas no citado decreto.

4º. Publicar a normativa e ordenanzas do estudo de detalle no Boletín Oficial da provincia da Coruña unha vez cumpridos os trámites indicados nos puntos anteriores.

5º. Notificar este acordo ao interesado no prazo de dez días hábiles desde a súa data.

6º. Comunicar ao interesado que este acordo, que pon fin á vía administrativa, non pode ser obxecto de recurso en vía administrativa. Contra este acordo pódese interpoñer directamente o recurso contencioso-administrativo, ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (artigo 84.1 da Lei do solo de Galicia e artigo 201.1 do regulamento de desenvolvemento da citada lei) no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Non obstante, o interesado poderá interpoñer calquera outro recurso que se entenda máis procedente e sexa conforme dereito.

As Pontes de García Rodríguez, 11 de maio de 2018

O alcalde
P.D. (Decreto 1245/2015, do 2 de xullo)
Antonio Alonso Román
Concelleiro delegado da Área de Facenda, Patrimonio, Urbanismo e Servizos