Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Martes, 5 de xuño de 2018 Páx. 27681

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 25 maio de 2018 pola que se sinalan novas datas e se citan as persoas interesadas para o levantamento das actas de pagamento e ocupación dos bens afectados polo expediente de expropiación forzosa do proxecto sectorial do parque de actividades económicas de Arteixo.

Antecedentes de feito:

I. Mediante a Resolución do director xeral de Urbanismo da Xunta de Galicia do 14 de xullo de 2008 (DOG do 29 de setembro) aprobouse definitivamente, cos efectos establecidos no artigo 144 da Lei 9/2002, de ordenación urbanística de Galicia, o expediente de expropiación forzosa seguido polo procedemento de taxación conxunta dos bens e dereitos necesarios para a execución do proxecto sectorial do parque de actividades económicas de Arteixo (A Coruña), promovido polo Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) e a empresa pública Xestur A Coruña, S.A., hoxe Xestión do Solo de Galicia-Xestur S.A., na súa condición de beneficiaria da expropiación.

II. Mediante a Resolución desta dirección xeral do IGVS do 19 de setembro de 2008 foron convocadas as persoas interesadas para o levantamento das actas de pagamento e ocupación. Non obstante, polos motivos que constan no expediente, como son as solicitudes previas de liberación da expropiación, suspendéronse os levantamentos das actas relativas a determinados predios, entre elas, as correspondentes ás persoas interesadas e predios que se relacionan no anexo da presente resolución.

III. Segundo consta na solicitude presentada no IGVS pola xerente de Xestur, S.A., como beneficiaria da expropiación, así como no informe xurídico que xunta á dita solicitude, correspóndelle ao IGVS, como Administración expropiante, proceder á fixación de novas datas para ter lugar o levantamento das actas de pagamento e ocupación.

Consideracións legais:

1. O artigo 4, alínea f), da Lei 3/1988, do 27 de abril, de creación do IGVS, establece como funcións propias dos organismos, entre outras, a adquisición de solo por calquera título, mesmo por expropiación forzosa, dos terreos destinados á formación de reservas de solo, preparación de soares, dotacións, equipamento, fomento da vivenda ou calquera outra finalidade análoga de carácter urbanístico, así como para construír reservas de terreos para o desenvolvemento e xestión da política de vivenda.

2. A persoa titular da Dirección Xeral do IGVS é o órgano competente para asinar a presente resolución, en virtude das competencias conferidas polo artigo 12.2 k) do Decreto 97/2014, do 24 de xullo, polo que se establece a estrutura orgánica do IGVS.

De conformidade con todo o indicado,

ACORDO:

– Convocar e citar as persoas interesadas que se relacionan no anexo para o levantamento das actas de pagamento e ocupación, que terá lugar na casa do concello de Arteixo, nas datas e horas que figuran no mesmo anexo. As actas de ocupación levantaranse a continuación da correspondente acta de pagamento, agás que o prezo xusto tivese que ser consignado; neste caso levantaranse no mesmo lugar, os días e horas indicados na mesma relación.

– Para estes actos deberá terse en conta o seguinte:

• Que o pagamento do prezo xusto só se fará, consignándose en caso contrario, aos interesados que acrediten en legal forma a súa titularidade, e para tal efecto a persoa interesada achegará certificación rexistral ao seu favor, na cal conste que se expediu a nota do artigo 32 do Regulamento hipotecario, ou, na súa falta, os títulos xustificativos do seu dereito completados con certificación negativa do Rexistro da Propiedade referida ao mesmo predio descrito nos títulos. De existiren cargas, deberán comparecer os titulares delas.

• Que é necesario a comparecencia da persoa interesada, por si mesma ou debidamente representada con poder suficiente, e no caso de que o predio ou dereito pertenza a varias persoas é necesario a comparecencia de todas elas por si mesmas ou debidamente representadas con poder suficiente.

• Que se a persoa expropiada non comparece, non quixer aceptar o pagamento ou non achegar títulos suficientes xustificativos do dominio ou existir contenda respecto á titularidade do ben ou dereito expropiado ou, en xeral, concorra algún dos supostos do artigo 51 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa, consignarase o importe do prezo xusto na Caixa Xeral de Depósitos.

– Notifíqueselles a presente resolución ás persoas interesadas, ao Concello de Arteixo e publíquese no Diario Oficial de Galicia. Así mesmo, o anuncio publicarase no taboleiro de edictos do concello de Arteixo.

Santiago de Compostela, 25 de maio de 2018

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANEXO

Núm. predio

Porcentaxe

Superficie total do predio

Referencia catastral

Persoas titulares

Acta de pagamento

Hora

Acta de ocupación

Hora

140

22,23 %

3.159,00

0079/0073

Botánico de Gestión Urbanística, S.L.

12.6.2018

11.00

14.6.2018

11.00

141

25,20 %

3.639,00

0079/0074

Botánico de Gestión Urbanística, S.L.

12.6.2018

11.00

14.6.2018

11.00

142

99,00 %

2.830,00

0079/0075

Botánico de Gestión Urbanística, S.L.

12.6.2018

11.00

14.6.2018

11.00

143

34,27 %

2.188,00

0079/0076

Botánico de Gestión Urbanística, S.L.

12.6.2018

11.00

14.6.2018

11.00

103

27,20 %

8.436,00

0079/0032

Harinas El Molino, S.L.

12.6.2018

11.30

14.6.2018

11.30

117

11,62 %

17.227,00

0079/0047

Harinas El Molino, S.L.

12.6.2018

11.30

14.6.2018

11.30

139

48,20 %

3.434,00

0079/0072

Harinas El Molino, S.L.

12.6.2018

11.30

14.6.2018

11.30

191

41,99 %

2.533,00

0079/0577

Rivetrans, S.L.

12.6.2018

12.00

14.6.2018

12.00

202

100 %

1.110,00

0079/0026 (parte)

Rivetrans, S.L.

12.6.2018

12.00

14.6.2018

12.00

134

100 %

25.703,00

0079/0067

Santiago Rey Sande

Victoria Pérez Rumbo

12.6.2018

12.30

14.6.2018

12.30