Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Martes, 5 de xuño de 2018 Páx. 27625

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 4 de maio de 2018, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia no expediente ANP-OU-03/2018-V e dous máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, ao non ser posible a súa notificación polo servizo de Correos, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.

O acto foi adoptado por quen se indica no anexo.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede da Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, sita na avenida da Habana, nº 79, 5º andar (Ourense), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación do acto obxecto de publicación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Ourense, 4 de maio de 2018

Victoria Núñez López
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Expediente: ANP-OU-03/2018-V.

Interesado: Diego Bordera Vázquez.

Acto de notificación: proposta de resolución do procedemento sancionador.

Acto adoptado: pola instrutora do procedemento.

Expediente: ANP-OU-13/2018-V.

Interesado: Diego Rodríguez Oliveira.

Acto de notificación: acordo de incoación do procedemento sancionador.

Acto adoptado: pola xefa territorial.

Expediente: ANP-OU-15/2018-V.

Interesado: Magno Ferreira Franco.

Acto de notificación: acordo de incoación do procedemento sancionador.

Acto adoptado: pola xefa territorial.