Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Martes, 5 de xuño de 2018 Páx. 27664

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 22 de maio de 2018, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se notifica a Resolución do 4 de maio de 2018, ditada pola xefa do Servizo de Infraestruturas Agrarias de Ourense, da zona de concentración parcelaria de Santa Baia de Anfeoz (Cartelle).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen efectuar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), e a súa eficacia quedará condicionada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Intentada a notificación por correo certificado ao interesado citado no anexo, sen que fose posible, notifícaselle por medio deste anuncio a resolución ditada no correspondente expediente.

Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

O interesado dispoñen do prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, para interpoñer recurso de alzada ante a Consellería do Medio Rural.

Ourense, 22 de maio de 2018

Yago Borrajo Sánchez
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Propietario nº 20.

Destinatario: Manuel Álvarez Álvarez.

Acto notificado: Resolución do 4 de maio de 2018 ditada pola xefa do Servizo de Infraestruturas Agrarias de Ourense.

Zona de concentración: Santa Baia de Anfeoz (Cartelle).