De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio o inicio do expediente PSC-CO-530/2018-TRA e dous máis.
A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para presentar alegacións se computará desde esa publicación.
As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Ramón y Cajal, 2-5º, da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do acordo de inicio e constancia de tal coñecemento.
As persoas interesadas dispoñen dun prazo de 15 días para achegar cantas alegacións, documentos ou informacións xulguen pertinentes e, de ser o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretendan valerse, segundo o disposto no artigo 64.2.f) da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
De non efectuar alegacións sobre o contido do acordo de inicio no prazo previsto no artigo citado, este poderá ser considerado proposta de resolución, cos efectos previstos para esta no artigo 89.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de conformidade co establecido no artigo 64.2.f) citado.
A Coruña, 21 de maio de 2018
Juan Carlos Barreiro González
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
Nº expediente |
Interesado/a |
DNI/NIF/NIE |
Acto que se notifica |
Enderezo |
PSC-CO-530/2018-TRA |
José René Rodríguez Pérez |
76779649Z |
Inicio |
Pablo Iglesias, 25-4º C, Boiro |
PSC-CO-566/2018-PRE |
Juan José Lema Sánchez |
79319367A |
Inicio |
Gabia, 19-2º B, Carballo |
PSC-CO-610/2018-PPM |
Ver PDF |
Ver PDF |
Inicio |
Ver PDF |