Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Martes, 5 de xuño de 2018 Páx. 27611

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (PO 373/2016).

Rafael González Alió, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento con número PO 373/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia da Fundación Laboral de la Construcción contra Arranxos Rehabilitación y Construcción, S.L., sobre reclamación de cantidade, ditouse sentenza cuxa resolución é a seguinte:

Estimo parcialmente a demanda presentada por Fundación Laboral de la Construcción, representada polo letrado Sr. Núñez Fernández, contra Arranxos Rehabilitación y Construcción, S.L., que non compareceu malia constar a súa citación en legal forma e, en consecuencia, condeno a parte demandada a aboar á demandante a cantidade de 184,80 euros, sen que proceda declarar que a parte demandada litigou con mala fe ou temeridade nin, en consecuencia, impoñerlle a sanción pecuniaria ou as custas do proceso por iso.

Notifíquese esta resolución ás partes, facéndolles saber que esta non é susceptible de recurso de suplicación, ao non exceder os 3.000 euros a contía litixiosa calculada conforme o disposto no artigo 192 da Lei reguladora da xurisdición social (artigo 191.2.g) da Lei reguladora da xurisdición social).

Líbrese testemuño desta resolución para a súa incorporación ás actuacións, con inserción do orixinal no libro de sentenzas.

Así por esta a miña sentenza, definitivamente xulgado na instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en forma a Arranxos Rehabilitación y Construcción, S.L., en ignorado paradoiro, expido e asino o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 15 de maio de 2018

O letrado da Administración de xustiza