De conformidade coas bases específicas publicadas no BOP da Coruña núm. 147, do 4 de agosto de 2017, e mediante anuncio publicado no DOG núm. 185, do 28 de setembro, convocouse o concurso para a provisión de dous postos de traballo do Departamento de Informática do Concello de Santiago de Compostela.
Mediante o Decreto da concelleira delegada de Economía, Facenda e Administración, do 18 de abril de 2018, resólvese a citada convocatoria nomeando os funcionarios que se indican no anexo, que deberán tomar posesión do posto adxudicado de conformidade co establecido na base oitava das bases específicas e no artigo 48 do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo.
O que se publica para xeral coñecemento.
Santiago de Compostela, 24 de abril de 2018
O alcalde
P.D. (Decreto da Alcaldía do 28.6.2017)
María Rozas Pérez
Concelleira delegada de Economía, Facenda e Administración
ANEXO
Nome e apelidos: Daniel Castro Iglesias. Corpo ou escala: Administración especial. Grupo A e subgrupo A2. Posto de traballo: xefe da Sección de Aplicacións de Xestión e Administración Electrónica (código do posto 1620F2224).
Nome e apelidos: Fernando Suárez Lorenzo. Corpo ou escala: Administración especial. Grupo A e subgrupo A2. Posto de traballo: xefe da Sección de Sistemas e Comunicacións (código do posto 1610F2224).