Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Mércores, 6 de xuño de 2018 Páx. 27800

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 15 de maio de 2018, da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda, de alleamento polo procedemento de poxa pública duns bens inmobles situados nos concellos de Valdoviño e da Coruña.

Ás 11.30 horas do día 19 de xullo de 2018 terá lugar no salón de actos do Edificio Administrativo da Axencia Tributaria de Galicia na Coruña, na praza de Pontevedra, 22, perante a mesa presidida pola secretaria xeral técnica e do Patrimonio, coa asistencia dun letrado da Asesoría Xurídica, un representante da Intervención e un funcionario da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio, que actuará como secretario, primeira, segunda e terceira poxa pública dos seguintes lotes de bens inmobles da Comunidade Autónoma de Galicia, cuxo alleamento foi acordado polas ordes da Consellería de Facenda do 11 de abril e do 28 de marzo de 2018:

• Lote 1.

Soar no lugar de Poulo, parroquia e concello de Valdoviño, ao que chaman Tras da Boca do Carral, de mil trescentos setenta e nove metros e cinco decímetros cadrados de superficie, sobre o que se asentaba o edificio da, hoxe inexistente, antiga Cámara Agraria Local de Valdoviño. Linda: norte, herdeiros de Josefa de la Peña e Díez Robles; sur, predio matriz de que se segrega; leste, por onde mide catorce metros e sete decímetros, con camiño de carro; e oeste, nunha liña de vinte e un metros estrada de Cedeira a Ferrol. Inscrito no Rexistro da Propiedade de Ferrol ao tomo 731, libro 96, folio 101, predio 10.250. Referencia catastral: 9287908NJ6298N0001LM e 9287904NJ6298N0001YM.

Tipo de licitación primeira poxa: 115.094,20 euros.

Tipo de licitación segunda poxa: 97.830,07 euros.

Tipo de licitación terceira poxa: 80.565,94 euros.

• Lote 2.

Urbana, terreo de 486 m2, sobre o que se asentaba unha edificación de 207 m2, que foi caseta de legoeiros na estrada AC-552 A Coruña-Fisterra, no lugar de San Xosé, no concello da Coruña. Estrema o conxunto: norte, predio a nome de Repsol Petróleo, S.A. de 1.283.266 m2 e referencia catastral 4806502NJ4050S0001AY; leste, predio a nome de José Pérez Paz de 72 m2 e referencia catastral 5601402NJ4050S0001AY; oeste e sur, estrada AC-550 A Coruña-Fisterra, de titularidade da Comunidade Autónoma de Galicia-límite de solo da zona urbana. Inscrita no Rexistro da Propiedade número 2 da Coruña como predio 99405, ao folio 164 do libro 1885. Referencia catastral 5601401NJ4050S0001WY.

Tipo de licitación primeira poxa: 219.883,59 euros.

Tipo de licitación segunda poxa: 186.901,05 euros.

Tipo de licitación terceira poxa: 153.918,51 euros.

Os lotes poxaranse independentes e os interesados poden concorrer a calquera deles. Para tomar parte na poxa é requisito indispensable consignar o 20 % da cantidade sinalada como tipo de licitación do lote perante a mesa, ou acreditar que se depositou tal cantidade previamente na Caixa de Depósitos.

Serán por conta dos adxudicatarios os custos dos anuncios, rateados segundo os tipos dos lotes, así como os orixinados pola adxudicación e formalización da escritura pública da venda; os demais gastos e impostos derivados da transmisión serán de aplicación conforme o disposto na lei.

Os pregos de condicións que rexen os presentes alleamentos están á disposición dos interesados na Subdirección Xeral do Patrimonio, rúa da Pastoriza, nº 8, 2º andar (Santiago de Compostela), así como na páxina web da Consellería de Facenda (http://www.conselleriadefacenda.es/web/facenda/a-conselleria/transparencia/contratacion-patrimonial/procedementos-de-licitacion).

Teléfono de información: 981 54 58 67 e 981 54 41 51.

Santiago de Compostela, 15 de maio de 2018

María del Socorro Martín Hierro
Secretaria xeral técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda