Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Mércores, 6 de xuño de 2018 Páx. 27783

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 24 de maio de 2018, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se resolve o concurso público de méritos entre persoal funcionario de carreira dos corpos docentes que imparten ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, para cubrir a dirección do centro residencial docente de Ourense.

Convocado o concurso público de méritos para adxudicar, en comisión de servizos, a dirección do centro residencial docente de Ourense, mediante a Orde do 20 de decembro de 2017 (DOG núm. 5, do 8 de xaneiro),

DISPOÑO:

Primeiro. Adxudicar, de acordo coa proposta da comisión provincial de selección, tal e como establece o artigo 6 da dita orde, o posto de director do centro residencial docente de Ourense a Francisco Javier García Gómez con DNI 34992045Y.

Segundo. No uso das atribucións conferidas polo artigo 10 do Decreto 43/1989, do 8 de marzo, modificado parcialmente polo Decreto 52/2006, do 30 de marzo (DOG núm. 64, do 31 de marzo), nomear director do centro residencial docente de Ourense a Francisco Javier García Gómez.

Terceiro. O nomeamento referido no punto anterior terá efectos económicos e administrativos desde o 1 de xullo de 2018, e o interesado deberá tomar posesión antes desta data.

Cuarto. Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso de alzada ante o director xeral de Centros e Recursos Humanos, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Ourense, 24 de maio de 2018

María Luz Fernández Quintas
Xefa territorial de Ourense