Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Mércores, 6 de xuño de 2018 Páx. 27805

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 25 de maio de 2018, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se dispón a notificación do acordo de incoación e do requirimento do pagamento de multa en período voluntario do expediente sancionador IN635C 2018/75-4.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se lle notifica á persoa interesada que se relaciona no anexo a incoación do expediente sancionador por infracción en materia de industria, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos. Así mesmo, a eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

A persoa interesada ou o seu representante dispón dun prazo de dez (10) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio de notificación, para poder examinar o expediente nas dependencias da Asesoría Xurídica da Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería de Economía, Emprego e Industria, situadas na avenida María Victoria Moreno, nº 43, 5ª andar, 36003 Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, e para achegar por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou probas que considere convenientes en defensa dos seus dereitos e, no caso de non efectuar alegacións a este acordo, este poderá considerarse proposta de resolución.

Pontevedra, 25 de maio de 2018

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente de infracción: IN635C 2018/75-4.

Persoa interesada: Manzana Mecánica, S.L.

DNI: B94013349.

Acto notificado: incoación de expediente sancionador.